2021-01-08T20:00:19

O Sabor das Margaridas - Tráiler da 2ª temporada

95%
Длительность:
2:52
Просмотров:
34 479
Добавлено:
08.01.2021

A segunda temporada da serie 'O Sabor das Margaridas' chega á Televisión de Galicia o vindeiro 22 de marzo!

A serie producida por CTV converteuse na primeira serie en galego en ser emitida por Netflix e situouse no top 7 das ficcións de fala non inglesa máis vistas do Reino Unido.

Esta segunda entrega consta de seis episodios e o argumento centrarase, de novo, en Eva Mayo (María Mera). Ela, canda Raúl Salgado (interpretado por Santi Prego) loitarán contra unha rede de trata de brancas. Forman tamén parte do reparto Noelia Castaño, Rebeca Stones, Sara Sanz e David Seijo.

Alex Sampaio é o director desta segunda temporada; Ghaleb Martínez -director de proxectos de CTV-, Eligio Montero e Raquel Arias son os guionistas.
Похожие видео